Obxectivos

Nos últimos anos Os Camiños de Santiago téñense convertido nunha potente ferramenta de desenvolvemento territorial, a partires da posta en valor dun sobranceiro patrimonio cultural, natural e inmaterial.

As demandas dos públicos e usuarios en torno ao Camiño teñen alentado a creación de servizos e produtos innovadores que, a partires das empresas e entidades locais, xeran novas oportunidades no medio rural en termos de emprego, economía, investigación e transferencia de coñecemento.

Encamiñando proponse nesta primeira edición, para profesionais do ámbito público xa involucrados dalgunha maneira na xestión dos camiños e que precisan de novas ferramentas e coñecementos, dadas as complexidades da súa xestión, e as novas normativas e políticas públicas, que afectan a xestión dos camiños.

O obxectivo fundamental é formar especialistas na xestión do territorio no entorno dos Camiños de Santiago e, por extensión, en Itinerarios culturais ou “heritage routes” que contribúan a complementar as estruturas económicas tradicionais, en favor do desenvolvemento territorial, da dinamización do rural e da conservación da paisaxe.

Programa

Encamiñando propón unha metodoloxía integradora, que parte das inquedanzas ou intereses dos alumnos, que se apoia con formación especializada e específica, que se traslada ao terreo en contacto cos axentes que operan nel, que logo se contrastará cos mediadores encargados da súa difusión, e que presenta o resultado final da labor dos participantes co soporte do profesorado e directores do obradoiro e proxectos e actuacións concretas. Esta metodoloxía articúlase en torno a cinco fases:

  • FASE 1: Formulación propositiva: Presentación por parte dos participantes dunha proposta ou idea de proxecto que lles dará dereito á inscrición, segundo a calidade, viabilidade e interese da mesma.
    • Envío de propostas: 2 de abril - 30 de xuño
    • Publicación da lista de admitidos: 16 de xullo
  • FASE 2: Formación intensiva: Sesións teóricas orientadas a presentar os valores a ter en conta no territorio histórico dos camiños, e que o conforman como unha paisaxe cultural e un “living landscape”.
    • 10 de setembro - 15 de setembro
  • FASE 3: Traballo de campo: Realización do Camiño, combinando a realización de etapas a pe pola mañá coa celebración de clases, mesas redondas e workshops cos axentes presentes no territorio pola tarde.
    • 17 de setembro - 23 de setembro
  • FASE 4: Formación estratéxica: Nova xeira de sesións formativas relacionadas coa dinamización dos camiños e os seus produtos, que permitan aos participantes rematar de perfilar a súa proposta e debatela nas aulas.
    • 24 de setembro - 28 de setembro
  • Formulación proxectual: Tras un tempo de traballo titorizado, elabóranse as propostas finais, que rematarán coa presentación e debate dos traballos realizados e a avaliación dos mesmos.
    • Traballo tutorizado: 1 de outubro - 1 decembro
    • Presentación dos traballos: Entre o 10 e o 14 de decembro (data a definir)

Os proxectos resultantes serán editados de forma conxunta. Desde a Fundación Juana de Vega colaborarase no desenvolvemento daqueles que sexan de maior interese para a revalorización do rural.

Camiño Inglés

O caso de estudo nesta primeira edición de Encamiñando será o Camiño Inglés. Ao longo de 7 xornadas percorreremos a ruta que tradicionalmente seguían os peregrinos que desde outros puntos da Europa Atlántica chegaban por mar ás nosas costas.

 

O Camiño Inglés ten dúas alternativas en Galicia, a variante que parte de Ferrol (118 km) e a variante que parte da Coruña (74 km), conectándose ambos trazados na localidade de Bruma. Este Camiño combina parte urbana e rural, o que permitirá aos participantes ter unha visión global das problemáticas e condicionantes na xestión dos Camiños.

Nos últimos anos esta ruta foi obxecto dun intenso labor de acondicionamento e promoción, sendo a ruta que experimentou un maior crecemento proporcional no número de peregrinos rexistrados.

Matricula

Custo de matrícula: 450 € (inclúe, si deséxase, aloxamento e manuntención na Fase 3)

Matrícula reducida de 250 € para desempleados ata un máximo de 5. No caso de que se reciban un número de solicitudes de beca superior seleccionaranse as mellores propostas.

Formulario de preinscripción:

Contacto

Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende nº 92
C.P.: 15176 San Pedro de Nós - Oleiros
A Coruña - España
TEL: (+34) 981 654 637
FAX: (+34) 981 652 095

Para más información e inscripciones: